O dia 16 de outubro ATEXGA desenvolveu en Pontevedra a Xornada de Motivación Emprendedora, en colaboración co BIC Galicia. A este seminario acudiron entre outras, as persoas partipantes no Programa Integrado de Emprego "Deseña o teu Emprego" das localidades de Pontevedra e Vigo.
Nesta xornada anlizouse a relación entre o éxito da empresa e as características persoais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordáronse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as principales barreiras que adoitan atopar e as diferentes motivacións que impulsan a emprender.
Na segunda parte do seminario contamos coa colaboración da emprendedora Águeda Lago que compartiu con nós a súa experiencia no proceso de emprendeduría no eido da eficiencia enerxética. "Xoaniña Verde" é o proxecto que esta emprendedora de Vigo está levando a cabo xunto con outra socia, o obxectivo que perseguen é a creación dunha consultora que promova actividades de formación e auditoría para unha posterior mellora do noso entorno.
Esta xuntanza supuxo a derradeira actividade relativa o programa de emprego nestas localidades, agardamos que este seminario fora de proveito para todas as persoas participantes, e queremos agracervos a todos os asistentes a vosa presenza e colaboración.