Xornada Motivación Emprendedora A Coruña

22oct
2012

O dia 17 de outubro ATEXGA desenvolveu  en A Coruña  a Xornada de Motivación Emprendedora, en colaboración co BIC Galicia. A este seminario acudiron entre outras, as persoas partipantes no Programa Integrado de Emprego "Deseña o teu Emprego" das localidades de Carballo e A Coruña.

Nesta xornada anlizouse a relación entre o éxito da empresa e as características persoais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordáronse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as principales barreiras que adoitan atopar e as diferentes motivacións que impulsan a emprender. 

Na segunda parte do seminario contamos coa colaboración de tres emprendedores de tres sectores de actividade diferentes.

Pily Montes é unha nova deseñadora, que estudou Estilismo de Indumentaria e Deseño de moda na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Os seus deseños  diríxense fundamentalmente ó mundo do espectáculo e actualmente está traballando na súa segunda colección. A difusión do seu traballo baseáse na utilización das distintas redes sociais e está a ter unha grande repercusión en distintos medios de comunicación. Podes consultar os seus traballos en: http://eksotiese.blogspot.com.es





"Sigue tu liga" é unha plataforma social de futbol rexional fruto da unión de dúas pasións que Diego López albergou dende neno, a informática e o futbol. Este proxecto permite coñecer os resultados dos partidos de equipos rexionais en tempo real e cun alto grao de fiabilidade. Actualmente están desenvolvendo o mesmo sistema para poder seguir a información a través das APPS mobiles. "Sigue tu liga" está composto por varios profesionais dos eidos da informática e xornalismo. Podes consultar a súa web en: www.siguetuliga.com






Para finalizar o seminario a emprendedora Águeda Lago, licenciada en Físicas a apasionada do medio ambiente e a sostenibilidade, compartiu con nós a súa experiencia no proceso de emprendeduría no eido da eficiencia enerxética. "Xoaniña Verde" é o proxecto que esta emprendedora de Vigo está levando a cabo xunto con outra socia, o obxectivo que perseguen é a creación dunha consultora que promova actividades de formación e auditoría para unha posterior mellora do noso entorno.



E así puxemos punto e final a este seminario que supuxo a derradeira actividade relativa o programa de emprego nestas localidades, agardamos que esta xornada fora de proveito para todas as persoas participantes, e queremos agracervos a todos os asistentes a vosa presenza e colaboración.

Presentamos algunhas das imaxes do evento:


top