O dia 19 de outubro ATEXGA desenvolveu en Lalín a Xornada de Motivación Emprendedora, en colaboración co Concello de Lalín e o BIC Galicia. A este seminario acudiron entre outras, as persoas participantes no Programa Integrado de Emprego "Deseña o teu Emprego" que Atexga desenvolveu en Lalín.
Nesta xornada anlizouse a relación entre o éxito da empresa e as características persoais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordáronse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as principales barreiras que adoitan atopar e as diferentes motivacións que impulsan a emprender.
Neste seminario contamos coa colaboración de dúas mulleres emprendedoras, Elvira Villar, emprendedora do sector textil (Fabricante de Xénero de Punto) e Victoria Gil, extraballadora do textil e emprendedora dun cebadeiro porcino. Ambas expuxeron a súa experiencia e motivacións que as levaron a emprender. As dúas proceden do sector textil e ambas invertiron todos os seus aforros en sendas iniciativas orientadas a capear a crise. A ourensana Elvira Gil optou por adicarse ó xénero de punto, unha das súas pasións e trasladouse ó Polígono Lalín 2000 pola arraigada tradición textil da localidade. A dezana Victoria Gil apostou por continúar coa tradición gandeira familiar e puxo en marcha un cebadeiro porcino en Madriñán.
Tamén tivemos oportunidade de coñecer a Ricardo Paz, que nos explicou o funcionamento da Banca Ética a través da Asociación por un Interese Solidario O Peto. É unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Podedes consultar a súa web en: http://www.opeto.org/