Xornada Motivación Emprendedora Xinzo de Limia

22oct
2012
O dia 15 de outubro ATEXGA desenvolveu  en Xinzo de Limia a Xornada de Motivación Emprendedora, en colaboración co concello de Xinzo de Limia e o BIC Galicia. A este seminario acudiron entre outras, as persoas partipantes no Programa Integrado de Emprego "Deseña o teu Emprego" das localidades de Ourense e Verin.

Nesta xornada anlizouse a relación entre o éxito da empresa e as características persoais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordáronse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as principales barreiras que adoitan atopar e as diferentes motivacións que impulsan a emprender. 

Esta xuntanza supuxo a derradeira actividade relativa o programa de emprego nestas localidades, agardamos que este seminario fora de proveito para todas as persoas participantes, e queremos agracervos a todos os asistentes a vosa presenza e colaboración.

Estas son as fotografías do evento:




top