Oferta para traballar en Suiza con proceso de selección a través do IEFP de Portugal
SOLDADORES (H/M)
Formación: estudos mínimos obrigatorios
Oferta: VSM PERSOAL MANAGEMENT Empresa de recrutamento e traballo temporal situada en Suíza recruta en Portugal, co apoio da Rede Eures, soldadores para traballar no cantón alemán de Suíza.
Funcións:
Efectuar soldadura de conxuntos, estruturas e tubaxes metálicas usando os equipamentos e as ferramentas adecuadas de acordo coas instrucións técnicas e cumprindo as esixencias de calidade expresadas nas normas e códigos específicos.
Perfil/requisitos:
- Experiencia comprobada mínima de cinco anos en soldadura (obrigatoria)
- Bos coñecementos en tecnoloxías/procesos de soldadura Mag, Mig, Tig, Raios X, Electrodo, Semiautomático (acreditado con certificación de cursos).
-Saber ler e interpretar deseños técnicos, bosquexos e esquemas relativos aos traballos de soldadura que executar.
- Coñecementos de alemán (conversa)
- Carné de conducir de vehículos lixeiros
- Capacidade de adaptación e elevado sentido da responsabilidade
- Capacidade de traballo en equipo.
Condicións:
(Cambio de moeda a 12/04/2012: 1 franco suízo = 0,832 €)
- Contrato de traballo a tempo completo cunha duración mínima de 3 meses, 42 horas semanais, a partir de maio de 2012.
- Salario bruto mensual: recibirá un mínimo de 5.040 francos suízos (4.190 €) ata un máximo de 5.710 francos suízos (4.750 €).
Valorarase:
- Experiencia e formación profesional
O traballador aboará:
- Seguro de saúde (obrigatorio en Suíza) 180 francos suízos ao mes
- Viaxes (Portugal - Suíza): a cargo do traballador
Persoas interesadas:
Enviar currículo en portugués e copia cotexada da acreditación da experiencia, ata o 20 de abril de 2012, ao correo electrónico eures-suisse@iefp.pt mencionando no asunto VSM 007CH12
Número postos de traballo: 2
Modalidade: a tempo completo
Contrato: temporal
Horas semanais: 42,00 h
Salario: 5.040,00 francos suízos
Tipo salario: mensual
Liquidez: líquido
