Oferta para traballar en Suíza con proceso de selección a través do IEFP de Portugal
MECÁNICO DE AUTOMÓBILES (H/M)Requisitos:
Formación: estudos mínimos obrigatorios (6 anos)
Oferta: VSM PERSOAL MANAGEMENT, empresa de recrutamento e traballo temporal situada en Suíza recruta en Portugal, co apoio da Rede Eures, mecánicos de automóbiles lixeiros para traballar no cantón alemán de Suíza.
Funcións:
Proceder ao mantemento, diagnóstico de anomalías e efectuar reparacións nos diversos sistemas mecánicos de automóbiles lixeiros de acordo cos parámetros e especificacións técnicas definidas polos fabricantes.Perfil/requisitos:
- Experiencia comprobada mínima de 5 anos en funcións similares como mecánico de automóbiles
- Formación profesional en mecánico de automóbiles
- Bos coñecementos de funcionamento e procesos de reparación/regulación e ensaio de motores e de varios sistemas (dirección, suspensión, freado e seguridade activa, transmisión, ignición, alimentación, sobrealimentación, antipolución, refrixeración, lubrificación e arranque de automóbiles lixeiros.
- Saber traballar coa máquina de diagnóstico de anomalías (formación, factor preferencial)
- Coñecementos de alemán (nivel de conversa)
- Carné de conducir vehículos lixeiros
- Capacidade para traballar con autonomía e organización/xestión do tempo.
- Elevado sentido da responsabilidade e aptitude para traballar en equipo.
Condicións:
(Cambio de moeda a 12/04/2012: 1 franco suízo = 0,832 €)
- Contrato de traballo a tempo completo cunha duración mínima de 3 meses, 42 horas semanais, a partir de maio de 2012.
- Salario bruto mensual: recibirá un mínimo de 5.040 francos suízos (4.190 €) ata un máximo de 5.750 francos suízos (4.710 €).
Valorarase:
- Experiencia e formación profesional
Aloxamento:
A empresa farase cargo do aloxamento cun mínimo de 600 francos suízos (500 €) por mes ata un máximo de 800 francos suízos (665 €) por mes.
O traballador aboará:
- Seguro de saúde (obrigatorio en Suíza) 180 francos suízos ao mes
- Viaxes (Portugal - Suíza): a cargo do traballador
Persoas interesadas:
Enviar currículo en portugués e copia cotexada da acreditación da experiencia, ata o 20 de abril de 2012, ao correo electrónico: eures-suisse@iefp.pt mencionando no asunto VSM 009CH12:Para máis información: eures-suisse@iefp.pt
Fecha de inicio: 01_06_2012
Número de postos de traballo: 2
Modalidade: a tempo completo
Contrato: temporal
Horas semanais: 42,00 h
Salario: 5.040,00 francos suízos
Tipo salario: mensual
Liquidez: líquido
