Hoxe ás 18:00 na Casa da Cultura, rúa Curros Enriquez nº 17 en Xinzo de Limia, ATEXGA realizará en colaboración co BIC Galicia, un seminario de Motivación Emprendedora.
Nesta xornada analizaremos a relación entre o éxito dunha empresa e as características persoais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordaránse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as principais barreiras que soen atopar e as diferentes motivacións que impulsan a emprender.
Anímate a inscribirte en ATEXGA a través de:
Correo electrónico: formación@atexga.com
Telefono: 981 552 040