Maña ás 10 da maña no salón de actos da Casa da Cultura de Ordes, ATEXGA realizará en colaboración co BIC Galicia, un seminario de Motivación Emprendedora.
Nesta xornada analizaremos a relación entre o éxito dunha empresa e as características persoais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordaránse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as principais barreiras que soen atopar e as diferentes motivacións que impulsan a emprender.
Ademáis como invitada ó seminario contamos coa presenza de Pily Montes, emprendedora do ámbito do deseño e a moda, coa que analizaremos o caso real dun proxecto de emprendemento.
Se queredes xa lle podedes botar un ollo ó seu blog: http://eksotiese.blogspot.com.es/
Anímate a inscríbirte en ATEXGA a través de:
correo electrónico formacion@atexga.com
ou chamando ó teléfono. 981 552 040
Anímate a inscríbirte en ATEXGA a través de:
correo electrónico formacion@atexga.com
ou chamando ó teléfono. 981 552 040