O Goberno de Irlanda organizará o 27 de setembro no Palacio de Miraflores de Madrid unha Feria de Emprego para buscar profesionais especializados no sector das TIC que queiran traballar en empresas irlandesas de software.
A iniciativa "It´s happening here", ten como obxectivo atopar enxeñeiros de software cualificados e con experiencia que busquen novos retos profesionais en empresas irlandesas.
A feira contará coa presenza de empresas irlandesas de software como Versión 1, Avego, Digital Skills, Tango Telecom, Exaxe, Storm, Zenith, Ocuco e System Dynamics.
Aínda que a participación na feira é libre e convinte que os candidatos se rexistren previamente a través da páxina seguinte:
http://www.enterprise-ireland.com/en/Events/OurEvents/ITs-Happening-Here-Spanish-Employment-Fair/
Durante a Feira de Emprego os interesados poderán conversar e entregar persoalmente os seus CVs ao encargados de Recursos Humanos de ditas compañías.
Os requisitos mais solicitados:
- Ser profesional de software, con tres ou mais anos de experiencia.
- Ter bo nivel de inglés.
- Estar disposto a vivir e desprazarse por Irlanda.
A finalidade última é cubrir os 1000 postos vacantes neste sector en Irlanda.
