O Programa de Emprendemento Social de “La Caixa” ten como finalidade apoiar os emprendedores e empresas sociais en “fase semente”. Diríxese a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e empresas sociais con novas liñas de negocio.
Os emprendedores sociais son persoas ou equipos de persoas que crean unha empresa para solucionar un problema social existente, de forma rendible e sostida no tempo. Os emprendedores sociais unen as oportunidades de negocio coa mellora da sociedade. Os emprendedores sociais non son fundadores de ONGs, nin empresarios que fagan doazóns a causas sociais, son aqueles que aproveitan a actividade empresarial para transformar unha realidade social.
Liñas de actuación prioritarias:
1. Incrementar o impacto social das empresas sociais de nova creación.
2. Aumentar as probabilidades de éxito das novas iniciativas emprendedoras.
3. Acelerar a consolidación de empresas sociais de nova creación.
4. Dar a coñecer á sociedade os novos emprendedores sociais e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia desta nova tipoloxía de empresas.
5. Favorecer a transformación das entidades sociais en empresas sociais.
Aportación da Fundación “La Caixa”:
1. Apoio económico: importe máximo de 25.000 € destinado a plan de negocio ou de viabilidades, deseño de productos e fabricación de prototipos ou muestrarios, gastos de primeiro establecemento e déficit de arranque (pérdidas).
2. Formación en xestión empresarial.
3. Acompañamento na implementación.
4. Traballo en rede.
5. Difusión das iniciativas.
O prazo de presentación do formulario de proxecto empezará o día 12 de setembro e finalizará o 22 de outubro de 2012.