Prórroga do programa PREPARA 400 euros agosto 2012

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social levará a un próximo Consello de Ministros unha proposta de prórroga do Programa, con efectos dende o día 16 de agosto, que presentará melloras sustanciais co obxectivo de reforzar a protección de aquelas persoas que mais o necesitan e como recualificación dos desempregados.  Aprobarase a norma no Consello de MInistros do próximo día 24 e será con efecto retroactivo, posto que esta subvención remataba o mércores 15 de agosto.
Este programa PREPARA está composto dunha axuda de 400 euros durante un máximo de 6 meses vinculado a un programa específico para incrementar a empregabilidade e a inserción a desempregados que esgotan outras prestacións e subsidios sen contar con fontes suficientes de ingresos.  É un programa compatible con outras axudas sociais sempre que non superen o 75% do Salario Mínimo Interprofesional.
top