Convócanse as probas de avaliación en Competencias Clave para o acceso ás accións formativas dos novos Certificados de Profesionalidade de nivel 2
¿Para qué serven?
Para acceder ás accións formativas nas que ó finalizar teñas dereito ós Certificados de Profesionalidade, que hoxe en día se esixen en moitas áreas profesionais (Ex. Area Sociosanitaria)
Por exemplo: Unha persoa que teña a antiga EXB e que queira traballar na rama sociosanitaria (axuda a domicilio), necesita obter un Certificado de Profesionalidade. Este certificado obtense mediante unha formación á que se accede a través de determinadas titulacións (E.S.O, Bacharelato...), ou no seu defecto a través das Competencias Clave. As persoas que non posúan ningunha destas acreditacións non accederán a dita formación.
¿Cales son as Competencias Clave?
· Básicas: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas
· Segundo á formación que te dirixas: Língua Estranxeira (Inglés), Ciencia, Tecnoloxía e Dixital.
Prazo de solicitude e documentación:
- Cumplimentar o impreso correspondente o Anexo I de dita convocatoria e presentalo en Rexistro ata o 10/10/2012 acompañado da seguinte documentación:
· DNI, NIE ou pasaporte
· Certificado de minusvalidez en vigor (se é o caso)
Data de realización das probas:
O dia 24 novembro de 2012 no recinto Feiral de Silleda
INFÓRMATE:
ATEXGA: 981 552 040 ou mail info@atexga.com /formacion@atexga.com
