O concello de Cabanas fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz de paz titular.
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psíquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de setembro de 2012.
Máis información no BOP de Coruña do 12 de setembro de 2012.
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2012/09/12/2012_0000011080.pdf