2ª Edición do Programa Executivas para mulleres galegas

A consellería de Traballo abre o prazo de inscrición para a 2ªedición do programa Executivas que formará a 200 mulleres no liderato e dirección de empresas.

É unha iniciativa que está dirixida, a 200 mulleres galegas, ou empadroadas na nosa Comunidade Autónoma, ou que estean a ocupar un posto laboral fóra pero en empresas galegas.

As interesadas en acceder ao programa deberán contar con algún dos seguintes requisitos:
  • Ser directivas e que teñan entre 25 e 50 anos.
  • Emprendedoras, entre 25 e 50 anos.
  • Profesionais que queiran reciclarse

A inscrición é ata o 19 de setembro a través da páxina www.programaexecutiva.xunta.es
O programa estrutúrase en tres partes:
  • 2 seminarios de aproximación ás habilidades de liderado.
  • 3 obradoiros monográficos sobre diversas temáticas.
  • Coaching para 22 profesionais que demostren ter maior potencial.
top