Carné de socorrista



As persoas interesadas en traballar como socorristas (en praias ou piscinas) terán que inscribirse a partir de agora no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A inscrición terá unha duración de 4 anos, pasado este tempo será necesario renovala.

Durante un periodo de 5 anos poderán estar inscritas aquelas persoas que realizaran un Curso de Socorrismo de máis de 80 horas de duración, pero despois desa data será necesario estar en posesión da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas.

Para máis información podedes consultar a páxina da
Xunta de Galicia, dende a que se pode facer este trámite.
top