Contratos temporais no Servizo Galego de Saúde


Ábrese un prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, para as listaxes seguintes:
  • Farmacéutico/a de atención primaria.
  • Odontólogo/a.
  • Fisioterapeuta.
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
  • Enfermeiro/a especialista en saúde mental.
  • Terapeuta ocupacional.
  • Técnico/a superior en documentación sanitaria.
  • Técnico/a superior en dietética e nutrición.
  • Técnico/a en farmacia.
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

A solicitude formalizarase nos modelos normalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo www.sergas.es , no punto correspondente do FIDES/Expedient-e, no punto procesos.
Poderanse formalizar as solicitudes ata o 31 de outubro de 2012.
Máis información no DOG do 28 de setembro de 2012 e en www.sergas.es
top